Panxoliñas para tocar este Nadal

Podedes descargar e imprimir dende aquí as cantigas de Nadal que imos preparar en 2º, 3º e 4º:

Jingle bells

Música na rúa

Non vos perdades este festival de talentos na rúa; é unha versión preciosa de ‘Stand by me’. E que voces!

Fixádevos que ben soa o instrumento que nos presentaran os chicos de Mikinervio no concerto de blues, o Washboard (tabla de lavar).

Ver o video

We wish you a merry Christmas

Este Nadal tocaremos. . . .

Gañou ‘We wish you a Merry Christmas’, seguida de dous panxoliñas con empate: Noite de Paz e Jingle Bells.

Como ‘We wish you…’ é bastante difícil para tocar (creo que non pensáchedes moito que a íamos tocar:-) ), temos a opción de ensaiar tamén a 2ª canción gañadora:  Jingle Bells.

Xa vos poño a partitura mañá para que ensaiedes toda a ponte…  ;-)

Mecenas do século XXI

As creacións artísticas sempre estiveron respaldadas por Mecenas. É moi coñecida a labor dos Médici na Florencia do Renacemento. Pero xa antes houbo moitos mecenas.  A orixe do termo ven do romano Cayo Cilio Mecenas, quen prestou apoio e protección no século I a.C. a xoves poetas, como Horacio, a quen descubriu, e Virgilio, quen escribiu as súas Geórgicas no seu honor.

No ámbito musical, cando Bach compoñía as súas Pasións, tiña o respaldo económico da Igrexa, e de diversos membros da nobreza cando as obras eran profanas. Mozart tamén compuxo obras por encargo, e incluso o seu Requiem foi froito do encargo dun conde misterioso.

Hoxe en día, como non podía ser doutra forma, a Rede ten moito que ver nisto. Nós mesmos podemos ser mecenas dun artista cun par de clics do rato.

Na web AUA (Apadrina un artista), podemos apadrinar a un grupo musical dende pequenas cantidades de diñeiro; o patrocinador dun cantante  poderá recaudar o proporcional ao que invirta cando o disco logre gravarse. E sempre teremos a satisfacción de respaldar aos xoves talentos musicais, como fai séculos facían os mecenas.

Repaso para 2º

Póñovos unhas actividades de reforzo e de repaso do tema 1 e o 2 na vosa páxina de 2º.

Ánimo, chic@s!

Toda a teoría sobre Linguaxe musical nun clic

Escalas

Neste mapa conceptual atópase un estupendo esquema dos tipos de escalas.

Escalas

¡5000 visitas!

musicaxado